Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 17 de outubro

11.00 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participa no acto que levará a cabo a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Ávila. Os seus integrantes realizarán unha frecha amarela humana para celebrar a súa chegada a Compostela.

12.00 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á montaxe programada dentro do certame ARTencontro 2010.

12.30 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns.

21.00 h
Teatro e Danza en Xira
No Auditorio de Galicia, Teatro da Abadía presenta Fin de Partida de Samuel Beckett, dirixida por Krystian Lupa. Dentro do programa Teatro e Danza en Xira.

Compartir: