Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 13 de outubro

11.00 h
Na Praza do Obradoiro, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, despide aos integrantes do Camiño das Estrelas, un proxecto que difundirá o Camiño de Santiago entre os Anos Santos 2010 e 2021 percorrendo 53 países.

11.30 h
Na sede da Fundación Araguaney (Rúa do Vilar, 21), a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do Festival Internacional de Cine Euro-Árabe Amal. Na rolda estarán tamén Anxo Quintanilla, xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia; Ignacio Santos, director-xerente do Xacobeo; Juan Carlos Fernández Fasero, director de AGADIC; e Ghaleb Jaber Martínez, director do Festival.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar a guía "AS FONTIÑAS, ENTIDADES DE SERVIZO Á CIDADANÍA".

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Emuvissa.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

14.30 h
Na Casa do Concello, recepción á Asociación Puertorriqueña de Licenciados en universidades españolas.

18.00 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, presenta aos veciños e veciñas a guía "AS FONTIÑAS, ENTIDADES DE SERVIZO Á CIDADANÍA".

20.00 h
Na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (rúa do Vilar, 54), o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o libro Vida e andainas. Cronografía dun santiagués, de Xulio Fernández Pintos.

20.00 h
No CSC da Trisca, Aprendendo a convivir: Como resolver conflictos pacificamente? dentro do programa de O Faladoiro dos mércores.

Compartir: