Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 30 de xaneiro

13.00 h
Na praza Roxa, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto institucional con motivo do Día Internacional pola Paz baixo o lema "Solidariedade con Haití". Branca Novoneyra dará lectura ao manifesto pola paz. (Adxuntamos programa).

19.30 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a praza Marcial Villamor Varela, situada ao carón da rúa do Olvido.
Con anterioridade, ás 17.00 horas, no colexio A Inmaculada, o historiador Dionisio Pereira impartirá unha charla coloquio co título "Marcial Villamor e José Villaverde, aqueles sindicalistas do Olvido e do Pexego".

21.00 h
No Teatro Principal, Cerrado por aburrimiento de Matarile Teatro dirixido por Ana Vallés. Con Alba Fernádez, José Campanari, Mónica García, Mauricio González, Ricardo Santana, Xan Cejudo e Ana Vallés. .

Compartir: