Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 9 de xuño

11.30 h
Na sede do Consorcio, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar os Fogos do Apóstolo 2009 (información da adxudicación do espectáculo pirotécnico dos Fogos do Apóstolo 2009; presentación das conclusións do estudo sobre a afectación dos fogos pirotécnicos á pedra da Catedral de Santiago; presentación do estudo histórico dos Fogos do Apóstolo). Na rolda tamén estarán Ángel Panero, director da Oficina Técnica do Consorcio de Santiago, e Miguel Taín, profesor doutor de Historia da Arte da USC.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, para presentar as axudas destinadas a actividades de promoción e dinamización comercial.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

14.00 h
No Hotel Puerta del Camino, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a xuntanza do Padroado da Fundación Compostela Deporte.

18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños Sandra Prego.

21.00 h
No Teatro Principal, Yllana presenta Brokers, dirixida por David Ottone, dentro do programa Teatro e Danza en Xira.

Compartir: