Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 19 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

11.45 h
No Parque de Belvís (na cima da pista de subida, fronte ao Seminario, no cruce coa rúa de Andújar), ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, para presentar a IIª edición do programa de actividades ao aire libre "Vive o Verán"

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar a Rede de Inserción Sociolaboral de Santiago de Compostela.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar o Día Europeo da Música.

18.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes na conferencia anual da asociación British- Spanish.

18.30 h
No CSC das Fontiñas Xogos de sempre... no parque! Xogos Sorpresa, no marco do programa Aula de Xogo.

18.30 h
No CSC da Trisca, Títeres Cachirulo: O libro da selva, no programa Letras Vivas Animación.

19.00 h
No CSC do Castiñeiriño, Títeres Cachirulo: Pinochio, no programa Letras Vivas Animación.

20.30 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no Congreso Real Options, organizado pola Facultade de Económicas de Santiago.

21.30 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, a concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, asiste á 1ª Festa Participativa da chegada do solsticio de verán, que se realiza en colaboración co asociacionismo compostelán.

V Semana Cultural do Castiñeiriño
16.00h.-20:00h Obradorio de grafitis a cargo de Mou
18.00h. Obradoiros e actividades para nenos/as da man de Xandobela

Compartir: