Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 29 de outubro

11.00 h
Na Selva Negra, a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, visita os traballos que se están a facer na zona.
Punto de econtro: estrada de subida ao Pedroso, quilómetro 1 (ao carón do cartel da obra).
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 10.45 h. da Praza do Obradoiro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, para presentar a proposta programática da Casa das Asociacións.

12.20 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, para dar a coñecer os comercios gañadores da edición de outono dos premios de Escaparatismo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Javier Sánchez-Agustino, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos da súa área.

17.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.
2. Inadmisión a trámite de solicitude de declaración de nulidade do Plan de sectorización do SUNP-25 (Roxos).
3. Inadmisión a trámite de solicitude de declaración de nulidade do Plan parcial do SUP-7 (Ponte Pedriña) e do Estado de detalle dos quinteiros 1-3-8.
4. Ampliación de uso nas reservas de equipamento DEM-13 E DP-2/DI-2 do Plan parcial do SUP-6 (Santa Marta)
5. Declaración de utilidade pública municipal á entidade "Federación de entidades e organizacións protectoras de persoas autistas, Autismo de Galicia."
6. Proposta da concelleira delegada de Benestar Social e Muller de adhesión ao Programa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF.
7. Proposta da concelleira delegada de Benestar Social e Muller de aprobación do III PLAN DE IGUALDADE do Concello de Santiago 2009/2011.
8. Proposición do grupo municipal do Partido Popular relativa a instar ao goberno municipal a unha maior implicación na educación pública e un cambio na xestión das subvencións destinadas ao fomento de actividades educativas.
9. Proposición do grupo municipal do Partido Popular relativa a solicitar a colaboración da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galicia para a retirada das torretas eléctricas anexas á área deportiva do Avío.
10. Proposta da concelleira delegada de persoal dando conta de nomeamento de interventora xeral municipal.
11. Dar conta de persoamentos en recursos contenciosos administrativos.
12. Dar conta de Resolución da Alcaldía.
13. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, das Concellarías Delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
14. Rogos e preguntas.
15. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.00 h
No CSC de Vite, Fusa Guillén presenta: Unha presada de contos.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compsotelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao concerto de celebración do XX Aniversario do Auditorio de Galicia. A Real Filharmonía de Galicia, orquestra residente no auditorio compostelán, preparou para a ocasión un concerto especial que contará coa cantate Ute Lemper e co coro alemán Die Singphoniker, baixo a batuta do seu principal director convidado, Paul Daniel. Asiste a concelleira de Cultura, Socorro García Conde.
Amal no Teatro Principal
20.00h. O pobo dun só home de Simon el Habre.
22.00h. A sal deste mar de Annemarie Jacir.

Compartir: