Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 1 de outubro

9.00 h a 18.30 h
Apertura ao público do xardín do Pazo de Amarante.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Reyes Leis, para presentar "Santiago Stock, feira urbana de oportunidades". Estará acompañada por representantes de asociacións de comerciantes da cidade.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, xunto con Gemma Perez, directora e coordinadora da Escola libre da música popular galega (MPG), para presentar o calendario de actividades formativas que se desenvolverán nos centros socioculturais conxuntamente coa Central Folque.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, para falar dos orzamentos xerais do Estado para Santiago.
19.30 h
No café Casino, a concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, asiste á clausura das xornadas "Ata onde queres chegar?", do Club Emprende MAS.

EXPOSICIÓNS
CSCXM O ENSANCHE
Na miña bicicleta Fotografías de Angel Luis Utrera
2 ao 13 outubro
Aquaflora Fotografías de Andrés Vilas
17 ao 30 outubro

Compartir: