Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 1 de abril

11.00 h
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á procesión Entrada en Xerusalén, e posterior bendición de palmas e ramos. Desde a Igrexa de San Francisco ata a Quintana.

12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns. Programa 'Ópera alla italiana'.

19.30 h
Na Zona "C", 'Hamlet' con Alfredo Padilla .

20.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de 'Música de Cine' coa Orquesta Sinfónica de Melide, dirixida por Fernando Arias. Participan tamén o Grupo de Rock The Cerne; Susana de Lorenzo, soprano; Alberto Cunha, tenor; e Irene Ruíz, soprano.

20.00 h
No Teatro Principal, eme2 presenta 'O Florido Pénsil' de Andrés Sopeña. Con Xosé Manuel Olveira, ‘Pico’; Antonio Durán, ‘Morris’; Federico Pérez, Josito Porto, e Alfonso Agra. Fernando Bernués e Mireia Gabilondo, dirección.

Compartir: