Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 1 de xuño

10.30 h
No Reitorado, o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co reitor da USC, Juan Casares.

11.30 h
No Centro de Interpretación de Parques e Xardíns da Alameda, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente en funcións, Elvira Cienfuegos, para presentar 'Acrobata', o novo traballo de Ugia Pedreira e Fred Martins.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura en funcións, Socorro García Conde, e do Mago Antón, director artístico do festival para presentar a V edición de COMPOSTELA MÁXICA.

13.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas en funcións, Xosé Baqueiro, para presentar o Concurso Cabalar da Ascensión 2011.

13.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
No Mercado de Abastos, o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Gala de entrega de premios de Santiago(é)tapas. Asiste o concelleiro de Promoción Económica e Turismo en funcións, Xosé Manuel Iglesias.

19.30 h
No Teatro Principal, Tolemia (USC) representa 'Versión 2.0 Creación colectiva' dentro da XII Mostra de Teatro Universitario de Galicia.

Festas da Ascensión 2011
12.00 Disparo de bombas anunciando o comezo das festas
12.30 e 20.00 Pasarrúas: gaiteiros
12.30 Comparsa de cabezudos
20.00 Pasarrúas: charangas
23.00 Orquestra Philadelphia.
Paseo Central da Alameda
23.00 DiELAS e Novedades Carminha en concerto.
Campus Sur
Entrada libre
24.00 Rico McClarrin & Marcos Coll Band.
Praza do Toural

Compartir: