Previsións informativas para o xoves 11 de marzo
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o do director xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, para a presentación do Womarts.net, rede europea a prol da igualdade de xénero nas artes. Wom@rts é un proxecto europeo liderado polo Auditorio de Galicia.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para presentar a campaña "Cambia o mood. Activa o modo bosque", dentro das accións do Talentia e no marco do Día internacional dos Bosques.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: as tres roldas retransmitiranse por streaming a través da páxina web municipal.
20.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Mozartiana’, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Joana Carneiro. Dentro do programa de abono RFG-Auditorio de Galicia.
Artellando feminismo
18:30h a 20:00h
CONVERSATORIO: PENSAR O FEMINISMO
Carmen Fernández, Miguel Lorente, Cristina Fallarás
e Consuelo Sánchez
Online