Previsións informativas para o mércores 20 de outubro
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; da vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo; e da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; para presentar a campaña Somos Anfitrións.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a segunda edición de Compostela Somos Cultura. Na rolda tamén estarán Inés Portela e Xacobe Martínez Antelo, coordinadores da iniciativa.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
18.30 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do o XXIV Congreso da Asociación Española de Coloproctoloxía.