Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 6 de xuño de 2014

11.00 h
En Área Central, a concelleira Reyes Leis, inaugura o Festival de Patchwork.

11.30 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira Reyes Leis asiste á entrega dos premios Falemos da nosa historia, organizados polo CEIP López Ferreiro.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Reyes Leis, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
No Concello, a concelleira Reyes Leis recibe a Agustín Montoya, da Asociación contra o cancro de León, para a organización da Carreira contra o cancro.

15.45 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, saúda ao secretario xeral da Organización Mundial do Turismo (OMT), Taleb Rifai. Realizarase FOTO DE GRUPO de ambos xunto cos alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio .
16.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, participa na inauguración do seminario sobre colaboración público-privada "O rol do Patrimonio Mundial Material e Inmaterial na configuración de produtos turísticos innovadores". Interveñen:
Miguel Mirones, presidente da Xunta Directiva dos Membros Afiliados da Organización Mundial do Turismo
Javier Bello, vicepresidente do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España e alcalde de Alcalá de Henares
Ángel Currás, alcalde de Santiago de Compostela
Taleb Rifai, secretario xeral da Organización Mundial do Turismo
A continuación, acto de sinatura do convenio de colaboración entre A Organización Mundial do Turismo (OMT) e o Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España para promover o papel do Patrimonio Mundial como elemento clave no desenvolvemento turístico sostible. Asinan o acordo o secretario xeral da OMT, Taleb Rifai, e o vicepresidente do Grupo Cidades Patrimonio e alcalde de Alcalá de Henares, Javier Bello.
16.30 h
Trala firma dará comezo o seminario sobre colaboración público-privada "O rol do Patrimonio Mundial Material e Inmaterial na configuración de produtos turísticos innovadores". (Documento adxunto).
20.30 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao concerto de música clásica que as Cidades Patrimonio ofrecerán aos asistentes na Capela da Orde Terceira de San Francisco. No concerto, que forma parte do ciclo "Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España", actuará o Grupo Kuhlau da Escola Superior de Música Raíña Sofía cun programa con obras de Mozart, Haydn e Reger.

20.30 h
No Salón Teatro, Eme2 presenta 'Meu ben' de Elaine Murphy. Dirixida por Álvaro Lavín está enmarcada no ciclo Teatro&Danza.

20.30 h
Na Capela da Orde Terceira, concerto do Grupo Kuhlau dentro do Ciclo de Música de Cámara nas Cidade Patrimonio da Humanidade de España.

21.00 h
No Hotel monumento San Francisco, o concelleiro José María Rosende, asiste á gala benéfica da Asociación española contra o cancro.

21.00 h
No Teatro Principal, David Amor&Taninos Jazz Band dentro do ciclo Falabaratos.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Zenet no que presentarán o seu novo disco 'Soñar contigo. Unha selección das súas grandes cancións'. Dentro do ciclo Sons'14.

Compartir: