Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 5 de xuño de 2014

NOTA: POR RAZÓNS ADMINISTRATIVAS A XUNTA DE GOBERNO CELEBRARASE O VENRES 6 DE XUÑO. A TENENTE DE ALCALDE, REYES LEIS, DARÁ CONTA EN ROLDA DE PRENSA DOS ASUNTOS TRATADOS.

Xoves 5

A partir das 8.30 h
No edificio Cersia, Xornadas formativas para profesionais sobre violencia de xénero, organizadas pola Área de Benestar Social do Concello. NOVAS FORMAS DE RELACIÓN ENTRE MOZOS E MOZAS NO SISTEMA EDUCATIVO. Como abordar a prevención da violencia de xénero nas aulas. Ponentes:
Noelia Darriba García, educadora social, AtalaiA Social
Andrea Varcarcel Couceiro, psicopedagoga, coautora do proxecto de mellora das competencias socioemocionais na ESO.

11.00 h
No Salón Verde, o xefe de servizo de Educación, Xosé Manuel Rodríguez-Abella, recibe a unha delegación do Concello de Vannes (Francia), encabezada pola tenente de alcalde, Latifa Bakhtous, que se atopan en Santiago para presentar as conclusións do proxecto educativo Comenius Regio que pretende fomentar os intercambios escolares entre Galicia e a Bretaña francesa. Os resultados presentaranse no marco das Xornadas Pedagóxicas da Asociación de Profesores de francés.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira delegada de Casco Histórico, Reyes Leis, e do xefe de Servizo da Oficina da Cidade Histórica, Jesús Curros, para presentar o máster de arquitectura internacional que ten a Compostela como lugar de traballo.

12.00 h
Na Praza de Abastos, a concelleira Reyes Leis asiste á presentación da Festa do Galo de Curral.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; e Santiago Cribeiro, Guillerme Fernández e Xabier Díaz de Berrogüetto, para presentar o concerto da xira de despedida de Berrogüetto 'Unha luz que non se apaga' que se celebra en Santiago este domingo, 8 de xuño, dentro do ciclo Sons'14.

20.00 h
Na Praza das Praterías, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Juan Miguel Romero LLopis.

20.00 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, CONvers@ndo con... Cristoph König e Alexander Melnikov que estarán no concerto que se celebrará posteriormente.

20.30 h
No Salón Teatro, Eme2 presenta 'Meu ben' de Elaine Murphy. Dirixida por Álvaro lavín está enmarcada no ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia con Alexander Melnikov, pianista, baixo a dirección de Cristoph König e dentro do programa de Abono.
21.00 h
Na Zona C concerto de La Dance e Músculo! dentro do ciclo Compostela Rock e co que se presenta a Romaría Pop.

Compartir: