Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 11 de xuño

11.00 h
O concelleiro José María Rosende supervisa os traballos de desbroce que se van realizar na parroquia de Bando durante todo o día. Están xa finalizados os desbroces nas parroquias de A Gracia, Castiñeiriño e Barciela.
Punto de encontro: local social. SÓ GRÁFICOS.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación do concerto sin alcohol organizado pola UMAD en colaboración coa Sala Capitol que terá lugar o vindeiro 20 de xuño.

19.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe os profesionais do Audiovisual de Galicia.

19.00 h
Na Galería Sargadelos (Rúa Nova 16), Bleuenn Le Friec, profesora de Arpa da Escola Municipal de Música falará sobre o amplo mundo sonoro da arpa e con mostra musical en directo. Entrada de balde, dentro do programa "e hoxe vou ir a... "melomanía"!!!

21.00 h
No Teatro Principal, Talía Teatro estrea 'Demolición' escrita e dirixida por Cándido Pazó dentro do ciclo Teatro&Danza. Con Artur Trillo e Toño Casais.

Compartir: