Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 8 de setembro

12.30 h
No Centro de Proxecto Home en Santiago (rúa Cottolengo, 2), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á XXI Festa de Solidariedade.

19.15 h
No mosteiro de Belvís, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste aos actos con motivo da festividade da Virxe do Portal.

20.00 h
No Teatro Principal, o concelleiro de Festas, Francisco Noya, asiste á primeira xornada do certame de corais Compostela Canta. Interveñen as corais A Xuntanza, Santa Susana, Amigos de Compostela, A Ruliña de Laraño e Cantigas e Agarimos.

22.00 h
Na praza da Quintana, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á proxección do filme Vilamor, de Ignacio Vilar, no marco do programa Redecinema, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña. Tras a proxección, coloquio co director e cos protagonistas.

Compartir: