Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 28 de setembro

10.30 h
No Pazo de Amarante (Algalia de Abaixo, 24), o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, asinan o convenio de colaboración para o acceso público ao xardín do Pazo de Amarante. (Sinatura: SÓ GRÁFICOS. Declaracións ao remate).

11.30 h
No salón de actos do Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, asiste á entrega dos premios extraordinarios de Bacharelato e Formación Profesional de Grao Superior.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, para presentar as Xornadas Internacionais de Coaching.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, sobre asuntos da súa área.

13.00 h
En San Lázaro, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, aiste ao VII aniversario do centro residencial SARQuavitae.

20.00 h
No Pazo de Fonseca, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á IX Edición dos Premios Rosalía de Castro.

21.00 h
No Teatro Principal, Teatro Ensalle presenta 'Miniaturas' de Pedro Fresneda. Dirixida por Fresneda e con Raquel Hernández, Artús Rei e Jorge Rúa. Dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maxinimo Zumalave dentro do II Festival Peregrinos Musicais.

VIII SEMANA CULTURAL DE A ROCHA
17.30h Obradoiro Imprimimos o noso libro.
20.30h Presentación do libro La locura y el bisturí, I Centenario de Don Timoteo Sánchez Freire de Fernando Ponte e Isabel Rego, adicado a Don Luciano García Alén
Exposición de Artes Gráficas do 25 de Setembro ata o 6 de Outubro. Aberta ao público en horario de martes a sábado de 17.00h a 20.00h.

Compartir: