Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 27 de setembro

11.30 h
Na Casa do Concello, a concelleira María Castelao, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar a XI Andaina Solidaria, organizada por Unicef e o Club Deportivo Fontiñas.

14.00 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á presentación da exposición "Códices, xoias das catedrais galegas na Idade Media".

16.00 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, inaugura, xunto co director de Citur, Xosé Santos, a acción Cine e Turismo, con motivo da celebración do Día mundial do Turismo.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 26 de xullo de 2012.
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do día 31 de xullo de 2012.
3. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do día 22 de setembro de 2012.
4. Aprobación provisional da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para a ampliación do cemiterio de San Xián de Carballal (equipamento relixioso R.05.1).
5. Proposta da Alcaldía de aplicación do artigo 2 do RD 20/2012, do 13 de xullo, ás retribucións do Alcalde, concelleiros en réxime de dedicación exclusiva e directores de área.
6. Proposición do BNG relativa á axilización da estación intermodal do Hórreo.
7. Proposición do BNG relativa á impugnación do Real Decreto Lei que legaliza a fraude das participacións preferentes.
8. Proposición do PSdeG-PSOE relativa ás participacións preferentes.
9. Proposición do PSdeG-PSOE relativa á gratuídade dos libros de texto e axudas ás familias para o curso 2012-2013.
10. Dar conta de acordo da Xunta de Goberno Local de cesión gratuíta dunha parcela á Comunidade Autónoma de Galicia para a Escola Oficial de Idiomas.
11. Dar conta de persoamentos e sentenzas en recursos contencioso-administrativos.
12. Dar conta de Resolución da Alcaldía relativa a avocación de competencia para presidir a Xunta de Goberno Local do día 9 de agosto de 2012.
13. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
14. Rogos e preguntas.
15. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.30 h
Na Catedral de Santiago, concerto aniversario de Mstilav Rostropovich dentro do II Festival Peregrinos Musicais.

21.00 h
No Teatro Principal, Teatro do Morcego presenta 'A función do tequila' de Manuel Guede. Dirixida por Antonio Simón, con Manuel Manquiña, Santiago Fernández, Luisa Merelas e Elina Luaces. Dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
Na Zona "C" de Bonaval, concerto de Howe Gelb (Tucson, Arizona) dentro do ciclo Íntimo&Acústico

VIII SEMANA CULTURAL DE A ROCHA
18.00h Obradoiro de cociña, Letras entre Fogóns.
Exposición de Artes Gráficas do 25 de Setembro ata o 6 de Outubro. Aberta ao público en horario de martes a sábado de 17.00h a 20.00h.

Compartir: