Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 13 de setembro

11.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese coa presidenta de Paradores de Turismo de España, Ángeles Alarcón. Declaracións ao remate.

11.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.00 h
Na sala de prensa do Multiusos Fontes do Sar, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar a marcha cicloturística do club Botafumeiro.

12.15 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, visitan o CEIP Lamas de Abade, invitados polo director do centro.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación do ciclo Compostela Rock para este cuatrimestre.

Compartir: