Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 12 de setembro

10.30 h
No Salón Verde da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinan un convenio para a coordinación e intercambio en materia de información xeográfica e territorial a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET). (SÓ GRÁFICOS). Declaracións ao remate.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Reyes Leis, e dos presidentes de Santiago Centro, José María Fernández, e Compostela Monumental, José Manuel Bello, para presentar os seminarios para o comercio que se desenvolverán dentro do programa Santiago Investors Support.

12.00 h
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás; a xerente do Consorcio de Santiago, María Antón; o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e o xerente da Real Filharmonía de Galicia, Oriol Roch, para presentar o Programa de Abono 2012-2013 do Auditorio de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia.

12.30 h
No CEIP Ramón Cabanillas (José Antonio Souto Paz, 5), a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, asiste á apertura do curso escolar.

Compartir: