Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 4 de xullo

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, Elvira Cienfuegos e Rafael Vilar, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Tráfico, Mobilidade e Seguridade Cidadá, Albino Vázquez, sobre asuntos da súa área.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.

20.00 h
Via Stellae
No Salón Teatro, 'A integral das suites para violoncello de Bach' interpretadas por Jean-Guihen Queyras dentro do Via Stellae.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a mostra 'Eugenio Granell no paraíso centroamericano 1940-1956'. Estarán tamén Pilar Corredoira, comisaria da mostra; a directora da Fundación Granell, Natalia Fernández Segarra; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou. A mostra enmárcase nas distintas exposicións que, con motivo da celebración do centenario do nacemento de Eugenio Granell, están a celebrarse nas sedes de varias institucións da cidade.

22.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Wanda Jacskon +Pedrito Diablo&Los Cadáveras dentro do ciclo Compostela Rock.

Vive o verán
10.00 a 14.00 h, CSC de Vite, CSC de Conxo, CSC das Fontiñas e locais socioculturais do rural: Mañás de verán e de xogo.
10.00 a 11.00 h, Parque da Alameda, Ximnasia terapéutica. Lugar alternativo en caso de choiva: CSC do Ensanche
19.30 a 21.00 h, Parque de Bonaval, Danza Bollywood. Lugar alternativo en caso de choiva: LSC da Almáciga
11:30 a 13:30 h, Sede Sgae/Fundación Autor Santiago, MusicArte." O videoclip". Prazas limitadas
4- 9 anos.

Compartir: