Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsions informativas para o venres 27 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o alcalde de Assisi, Claudio Ricci, e o profesor Paolo Caucci.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.45 h
Na Alameda (Centro de Interpretación de Parques e Xardíns), o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, fai entrega dos premios do Concurso de Balcóns.

13.30 h
Día de Padrón en Santiago
Encontro das corporacións na praza do Obradoiro
Saúdo dos alcaldes, intercambio de bastóns e pendóns
Recepción no salón nobre do Pazo de Raxoi.
Saída ao balcón.
Interpretación das Bandas de Música

18.00 h
Na rúa Escultor Asorey, as concelleiras de Obras, María Castelao, e de Educación, Rebeca Domínguez, asisten á inauguración da Escola Infantil Agasalle.

19.30 h
No Paseo da Ferradura, os concelleiros Francisco Noya e Juan de la Fuente asisten ao comezo do XXIV Campionato de Chave masculino e feminino.

Festas do Apóstolo 2012

DÍA DE PADRÓN EN SANTIAGO

De 18:00 h a 20:00 h. Actividades para nenos e nenas.
(obradoiros de reciclaxe, xoiería con sementes, merenda e inchable)
Campus Vida

19:30 h. XXIV Campionato de Chave masculino e feminino.
Paseo da Ferradura

21:00 h. Concerto Quintana de Vivos.
presentado por NURIA GÓMEZ.
VAAMONDE, LAMAS & ROMERO
XOSÉ M. BUDIÑO e convidados.
(KEPA JUNKERA, UXÍA e pandereteiros de O FIADEIRO)
ASTAROT.
Praza da Quintana
(prezo único 6 euros. 1 euro irá destinado á Asociación contra el Cáncer)
Organiza: Os Catro da Quintana

22:30 h. Orquestra ISRAEL.
Paseo central da Alameda

Compartir: