Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsions informativas para o xoves 26 de xullo

12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o presidente do Obradoiro, Raúl López. Haberá declaracións ao remate.

12.00 h
Na Asociación de Hostalería (Galeras), a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á presentación da Guía da Asociación de Hostelería.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do día 22 de xuño de 2012.
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 28 de xuño de 2012.
3. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria e urxente do día 5 de xullo de 2012.
4. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do día 16 de xullo de 2012.
5. Modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago (PE-1) na rúa San Miguel dos Agros, núm. 5.
6. Proposta da Alcaldía de concesión de medallas de ouro da cidade.
7. Dar conta de persoamentos, sentenzas en recursos contencioso-administrativos.
8. Dar conta de Resolucións da Alcaldía relativas á designación de representante na Comisión Asesora do Casco Histórico e de substitución de concelleiros.
9. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
10. Comparecencia da concelleira delegada de urbanismo, Dona María Pardo.
11. Rogos e preguntas.
12. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.30 h
Na Praza das Praterías, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Serans

Festas do Apóstolo

18:00 h. Teatro Baobab Contos para un caldiño.
Praza Roxa

19:00 h. Concerto Banda Municipal de Música.
Praza das Praterías

19:30 h. XXIV Campionato de Chave masculino e feminino. Paseo da Ferradura

22:30 h. TOM JONES en concerto.Spirit in the room. Cadeiras : 35 eurosDe pé ou grada: 25 euros. Venda de entradas: www.ticketmaster.com // www.servinova.es
Praza da Quintana

Compartir: