Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para martes 10 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar o concerto "Quintana de Vivos". Na rolda estará o músico Xosé Manuel Budiño.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe á embaixadora de Guatemala, Ana María Diéguez Arévalo.

19.00 h
No Paraninfo da USC, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración dos Cursos Internacionais.

20.00 h
Via Stellae
No Teatro Principal, 'Rodelinda, ópera de Haendel en concerto' dentro do Via Stellae.

Compartir: