Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 6 de xuño

11.00 h
No Hotel Puerta del Camino, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de entrega de certificacións ISO 2200.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Educación, Rebeca Domínguez, Participación Cidadá, Francisco Noya, e Réxime Interior, Amelia González, para presentar a Xornada de Portas Abertas que terá lugar o venres 8 de xuño.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Participación Cidadá e Festas, Francisco Noya, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Nas pistas de pádel de Sar, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para informar da remodelación e ampliación do complexo deportivo de Sar.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de The Last Internationale (Nova York, stompin'boots blues) + The Ripe (Austin, Texas, rock-folk psicodélico), dentro do ciclo Compostela Rock. The Last Internationale debuta en Galicia presentando o seu disco 'Choose your killer'.

Compartir: