Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 29 de xuño

10.40 h
Na Alcaldía, Xunta de Voceiros.

11.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, reúnese coa presidenta de Executivas de Galicia, Montserrat Sánchez-Agustino.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.15 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Urbanismo, María Pardo, mantén unha reunión de traballo co conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández. Haberá declaracións ao remate do encontro.

18.00 h
No salón multiúsos da Casa das Asociacións de Benestar Social (Salgueiriños), a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, preside o acto de constitución do Consello sectorial de Familia, Benestar Social e Igualdade.

20.00 h
Na Casa do Concello, recepción ao ex presidente do equipo de fútbol sala Lobelle, José Antonio Lobelle, con motivo dos seus 30 anos de traxectoria á fronte do club.

20.30 h
No Cersia, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, fai entrega dos premios da Asociación de Clubes Galegos de Fútbol temporada 2011-2012.

20.30 h
No CSC de Conxo, o Grupo de Teatro de Adultos do CSC de Conxo representa "Aquí non paga nin Dios", de Dario Fo.

21.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos asistentes ao Pleno do Consello de Comunidades Galegas.

Compartir: