Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 28 de xuño

9.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración do Pleno do Consello de Comunidades Galegas.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h
Na igrexa de San Domingos de Bonaval, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de imposición das Medallas Castelao.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 31 de maio de 2012.
2. Resolución de alegacións e aprobación definitiva da Ordenanza reguladora de instalación de ascensores.
3. Aprobación inicial da modificación puntual do PXOM que afecta aos capítulos IV e V da Normativa urbanística, así como aos artigos 125.6 e 126.7.
4. Cambio de uso da reserva de equipamento sociocultural SC-13 do plan especial de protección e rehabilitación da Cidade Histórica (PE-1). Casa da Mocidade - Praza do Matadoiro.
5. Aprobación definitiva do estudo de detalle na confluencia das rúas de Domingo García Sabell-costa de San Francisco e Carretas-Entrerríos.
6. Solicitude de compatibilidade dun funcionario.
7. Solicitude do BNG de comparecencia da concelleira delegada de urbanismo, Dona María Pardo.
8. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa a búsqueda de solucións para o aeroporto de Lavacolla.
9. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa ao mantemento da feira de gando en Santiago.
10. Proposición do grupo municipal do BNG relativa á contratación de grupos e compañías da cidade e de Galiza na programación cultural e de festas.
11 Dar conta da liquidación do orzamento do ano 2011.
12 Dar conta de persoamentos, sentenzas e outras incidencias en recursos contencioso-administrativos.
13 Dar conta de Decreto da Alcaldía da celebración de sesións de carácter ordinario da Xunta de Goberno Local.
14 Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
15 Rogos e preguntas.
16 Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.30 h
Na Praza das Praterías, concerto da Banda Municipal de Música.

Compartir: