Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 26 de xuño

10.00 h
No Reitorado, as concelleiras Reyes Leis e Cecilia Sierra asisten ao Consello de Administración de Uninova.

11.00 h
CEIP Fontiñas. A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, visita os centros educativos nos que se desenvolve o Programa de conciliación familiar e laboral "Escolas de Verán 2012". Ás 11.00 h visitará o CEIP Fontiñas, a continuación o CEIP Ramón Cabanillas, e para finalizar o CEIP Raíña Fabiola.
NOTA: haberá un vehículo un disposición dos medios de comunicacion que sairá ás 10.45 h da Praza do Obradoiro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Mar Martín e Gonzalo Diz Álvarez, coordinador en Santiago de Compostela do Grupo LGTB do PSdeG-PSOE "7 cores".

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Gaos dentro do ciclo Novas Orquestras. Dirixida por Fernando Briones e con André Cebrián, flauta.
21.00 h
No Teatro Principal concerto de David de María en Escenario Dial.

Compartir: