Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 22 de xuño

9.15 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Aprobación inicial do orzamento e cadro de persoal do Concello para o ano 2012.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, sobre asuntos da súa área.

11.20 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para presentar os cursos de procesos de selección dentro do programa "Santiago Investors Support".

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, para presentar o programa "Express-ate".

17.00 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, inaugura o IV ENCONTRO INTERXENERACIONAL DE XADREZ.

Semana Europea da Música
17:00 h Hospital Clínico de Santiago. Actuación do Coro de Nenos e solistas de Escola Estudio.
18:30 h Praza Roxa. Concerto da orquestra da Escola Municipal de Música
19:00 horas Praza Roxa. Concerto da Banda da Escola Municipal de Música
20:00 horas Casino de Santiago. Concerto no Casino: Profesorado e alumnado da Escola Municipal de Música.

Compartir: