Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 20 de xuño

10.45 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibe o presidente da Asociación contra o concro de León, Agustin Montoya.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o presidente de UNICEF Galicia, Manuel Sánchez Macho.

11.00 h
No Centro Sociocultural de Conxo, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais e Festas, Francisco Noya, para presentar a Coordinadora das Festas Tradicionais de Conxo. Exporanse as liñas básicas de actuación e darase a coñecer a programación da festa do San Xoán deste ano.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG, Rafael Vilar, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, reúnese co vicerreitor de Relacións Exteriores da USC, Víctor Millet, e a xerente de Cursos Internacionais, Lanzada Calatayud.

Semana Europea da Música
17.30 h
Na praza do Toural, "O mundo dos nenos", actividade do alumnado de Música e Movemento e Coro Infantil da Escola Municipal de Música de Santiago.
18.30 h
Na praza do Toural, "Obradoiro de Música e Movemento" da Escola Municipal de Música.
19.30 h
Concertos no Casino. "Os pequenos violinistas" da Escola Municipal de Musica.
19.45 h
Casino de Santiago. "Música e nenos".

20.00 h
No paraninfo da Universidade, presentación do libro "A la búsqueda de la memoria. Los tres pórticos mayores de la Basílica de Gelmírez". Asisten:
Ángel Currás Fernández, alcalde e presidente do Consorcio de Santiago
Manuel Núñez Rodríguez, autor do libro
A continuación, 20.30 h, na Igrexa da Universidade, concerto de Grupos de Cámara da EAEM (Quinteto de ventos/Cuarteto de cordas) dentro do ciclo 'A escola na Cidade'.

20.00 h
Na Cámara de Comercio, os concelleiros Albino Vázquez, Juan de la Fuente e María Castelao, asisten ao ciclo de conferencias "Xornadas Ferroviarias".

21.00 h
No Teatro Principal, Teatro Arte Livre presenta 'O retrato de Dorian Grey' de Oscar Wilde. Roberto Cordovani, dirección. Con Roberto Cordovani, Bruno Portela, Javi Toste e Cristina Collazo.

Compartir: