Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 14 de xuño

10.45 h
No Salón Amarelo, o alcalde compostelán, Ángel Currás, manterá un encontro cos medios de comunicación sobre a reunión cos tratantes de gando.

12.20 h
Na Coruña, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á toma de posesión do novo xeneral xefe da Garda Civil en Galicia, José María Feliz.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

I Xogos Interautonómicos de Atletismo Special Olympics Galicia
19.00 h
Percorrido do facho dos xogos polas rúas de Santiago: saída da rúa Neira de Mosquera, Parlamento, praza de Galicia, alameda, praza do Toural, Mazarelos, Cervantes, Inmaculada e praza do Obradoiro. Participan os concelleiros Paula Prado (19.15 h, dende a praza de Galicia acompañada por Iván Raña e Ezequiel Mosquera), Albino Vázquez (19.20 h, dende o palco da Alameda acompañado polo atleta José A. Rubiños, de Aspanane), Francisco Noya (19.29 h dende a alameda-estatua de Valle Inclán-acompañado pola atleta María Adelaide, de Prodeme) e Adrián Varela (19.38 h, dende a praza de Mazarelos acompañado polo atleta José A. Vázquez, de Aspanane).
19.45 h.
Na praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o facho dos Xogos e os participantes no percorrido.

19.30 h
Na Praza das Praterías, concerto da Banda Municipal de Música

21.00 h
No Teatro Principal, Ditea Teatro presenta 'Farsa Plautina'.

Compartir: