Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 12 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese co rexedor de Vedra, Carlos Martínez Carrillo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Campionato Galego Alevín de Verán de Natación, organizado polo Club Natación Cidade de Santiago e a Federación Galega de Natación.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, para presentar a Semana Europea da Música.

12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e de Guillerme Fernández e Xabier Díaz de aCadaCanto para presentar o concerto que darán o mércores no Principal e no que presentarán o seu primeiro traballo, dentro do ciclo 'Íntimo&Acústico'.

18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese co presidente da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa, Javier Sánchez-Agustino.

20.00 h
No Salón Vermello, recepción aos participantes no IX Foro Internacional de Avaliación da Calidade da Investigación e da Educación Superior.

20.30 h
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao concerto da Orquestra de Cámara da Escola de Altos estudos Musicais co que se inaugura o ciclo 'A Escola na Cidade'. Sinfonías de Haydn. (A beneficio da Cociña Económica)

21.30 h
Na Zona "C", concerto de presentación da Romaría Pop con Holywater (Lugo, rock) + Mullet (Lugo, bizarre)

Compartir: