Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 1 de xuño

9.00 h
No Aeroporto de Lavacolla, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á inauguración da nova ruta de Iberia Express Madrid-Santiago de Compostela.

9.30 h
No salón nobre do Pazo de Fonseca, a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, asiste ao acto de fin de curso do cuarto ciclo universitario do programa de formación de maiores da USC. Ás 12.00 h participa nun coloquio no marco do devandito programa.

10.00 h e 11.30 h
No CEIP As Fontiñas, cunha sesión ás 10:00 h, e no CEIP Monte dos Postes, ás 11:30 h, última sesión do 2º Ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago "OS CANTOS DO PAIS DO XEO", organizados pola Concellería de Educación a través da Escola Municipal de Música.

10.30 h
Na Alameda (entrada á rúa do Pombal desde o paseo de Santa Susana), as concelleiras de Medio Ambiente, María Castelao, e de Educación, Rebeca Domínguez, asisten á ROLDA DE PRENSA conxunta cos organizadores do proxecto educativo Escola de Reciclaxe.

11.00 h
Na Casa do Concello, Consello de Administración de Emuvissa. A concelleira de Urbanismo informará dos asuntos tratados en rolda de prensa ás 12.30 h.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

16.00 h
No pavillón do Colexio Cluny, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á clausura da escola deportiva do devandito colexio. Ás 16.30 h, asiste á clausura da escola deportiva do colexio Compañía de María, no pavillón do centro.

20.00 h
No CSC do Ensanche, proxección de Os Santos inocentes, dentro do programa Cine classics’12. A continuación, "Café con Cine", charla sobre a película co xornalista Alejandro Macías.

20.30 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), concerto do Trío Pifa dentro do ciclo 'Música de Cámara'.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Mafalda Arnauth dentro de 'Divas do Fado' e enmarcado no ciclo Sons'2012.

22.00 h
Na Sala Moon (República Argentina, 25), actuación dos grupos Crying Wolves e Ërglis, dentro do festival 'MusiCompostela', actividade enmarcada no Plan de Acción Local na Prevención de Drogodependencias. Último concerto do ciclo.

Compartir: