Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 28 de maio

10.00 h
No Salón de Plenos, constitución da Comisión mixta do perímetro azul, coa asistencia da concelleira de Urbanismo e Casco Histórico, María Pardo; do concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez; e do director xeral de Administración Local da Xunta, Norberto Uzal. (SÓ GRÁFICOS). Haberá declaracións ao remate (11.00 h aprox.).

11.45 h
No Parlamento de Galicia, o concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez, participa na Comisión non permanente de estudo da seguridade viaria en Galicia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente e Parques e Xardíns, María Castelao; do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e do secretario da Asociación Desconcierto Cultural, Álvaro Álvarez Rivera, para presentar a Romería Pop.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal socialista, Gonzalo Muíños e Xosé Baqueiro, sobre asuntos de carácter local.

20.00 h
No Teatro Principal, representación da obra premiada na categoría de Educación Primaria na XVII Edición do Certame de Teatro Intercentros. A obra seleccionada foi "Acabouse o conto de fadas" do grupo "Máscaras de Teatro" do Colexio San Jorge.

Compartir: