Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 26 de maio

11.45 h
Na piscina de Santa Isabel, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, fai entrega das medallas a todos os escolares participantes no programa Á AUGA PATOS.

12.00 h
Na Galería Sargadelos, a concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á sesión especial de contos e música para as familias que clausura a XII Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada pola concellería de Educación e Kalandraka Editora. O acto contará coa colaboración do alumnado da Escola Municipal de Música.

12.45 h
No pavillón do Restollal, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste ao MEMORIAL LORENZO DE LA TORRE. (Máis información sobre os horarios dos partidos de exhibición en www.santiagodecompostela.gal).

19.00 h
No Teatro Principal, Chévere presenta 'Citizen, a triloxía completa'. Dirixida por Xesús Ron e con Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Nekane Fernández e Iván Marcos.

20.00 h
No CSC das Fontiñas, faladoiro interactivo "Cine e ciencia: verdades e mentiras da ciencia ficción", participan David Rodríguez e David Ballesteros (Ceo Aberto). Dentro do programa Cine Classics’12, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais.

20.00 h
No pavillón de Santa Isabel, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste ao desfile dos equipos finalistas no torneo de Liga e Copa de Fútbol Sala e á entrega de premios, dentro da campaña de fomento do fútbol sala, organizada pola Agrupación de Deportistas Veteranos co patrocinio do Concello. (Máis información sobre os horarios dos partidos en www.santiagodecompostela.gal).

20.30 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), concerto de Omega Brass Ensemble dentro do ciclo Música de Cámara.

Letras Galegas
11 h, no Local Sociocultural de Nemenzo e 18 h, no Local Sociocultural de Villestro, O conto viaxeiro 11 h e 18 h, na Praza Roxa/Centro Sociocultural do Ensanche, Títerehop (actividade promovida pola Rede de Dinamización Lingüística). . A partir de 12 anos.

Compartir: