Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 21 de maio

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar os próximos concertos do ciclo Compostela Rock.

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión. Asistirá o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Albino Vázquez.

20.00 h
No Teatro Principal, representación da obra premiada na categoría de Educación Secundaria na XVII Edición do Certame de Teatro Intercentros. A obra seleccionada é "Cantiga de Rúa", do grupo de teatro do IES Antón Fraguas.

Compartir: