Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 20 de maio

11.00 h
No Multiúsos Fonte do Sar, "Súbete ao tren": encontro entre nenos e nenas de 6 a 14 anos organizado pola Asociación de Voluntarios Corporativos de La Caixa en Galicia e a Concellería de Educación. Trátase dunha proposta de actividade lúdica e socieducativa dirixida a nenos e nenas de entidades que colaboran coa Obra Social "La Caixa".

12.00 h
No Teatro Principal, concerto de Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Eliseo Parra no que presenta 'Contradicción' dentro do ciclo Sons 2012 e en colaboración co 25 aniversario da Casa das Crechas. (Castilla y León, folk-fusión).

Festas da Ascensión 2012

A partir das 10:00 h. I TROFEO CIDADE DE SANTIAGO
BAILE/ SONS
Pavillón Municipal de Santa Isabel
Durante todo o día
12:00 h. Concerto da Banda de Música de Santiago
Rúa do Vilar
13:30 h. PROGRAMACIÓN INFANTIL
GALITOON: Botazz, o swing do Jazz
Praza do Toural
13:30 h. Pasarrúas
19:00 h. FASE LOCAL FEMININA DE PÁDEL
Pistas do Multiusos do Sar
20:00 h. SONS. ELISEO PARRA
Teatro Principal

Compartir: