Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 15 de maio

11.00 h
No Salón Verde da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, asinan o convenio para o financiamento do estatuto da capitalidade de Santiago (ATENCIÓN: SÓ GRÁFICOS). O alcalde fará declaracións ao remate.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da sección sindical da CIG.

12.00 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentan a Carreira Ciclista da Ascensión.

12.30 h
No Reitorado, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese en audiencia co reitor da USC, Juan Casares Long.

19.30 h
En San Martiño Pinario, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración da mostra plástica do artista uruguaio Ángel Caballero Ferreira.

21.00 h
No Teatro Principal, XIII Mostra do Teatro Universitario de Galicia.

Ler, contar e gozar coas letras
18.30 h, CSC da Trisca, Obradoiro: A sopa das letras galegas.Todos os públicos.

Compartir: