Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 14 de maio

11.30 h
No Pazo de Raxoi (Xunta de Galicia), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á sinatura dos acordos da comisión bilateral relativa ás Áreas de Rehabilitación Integral de Galicia, acto presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a ministra de Fomento, Ana Pastor.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, para presentar o Festival de Cultura Urbana.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
No Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela, a concelleira María Castelao asiste á presentación do número 155 da revista CompHostelería, Santiago é gastronomía.

14.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao almorzo-coloquio organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia ao que tamén asiste a ministra de Fomento, Ana Pastor.

18.00 h
Na Escola de Altos Estudos Musicais, coloquio con Maximino Zumalave baixo o título 'Rasgos fundamentais da historia da música en Galicia'.

21.00 h
No Teatro Principal, XIII Mostra do Teatro Universitario de Galicia.

Ler, contar e gozar coas letras
11.15 h, CSC de Vite, Obradoiro ambientación do centro: Creamos letras. Nenos/as.
18.00 h, CSC de Conxo, Obradoiro: Estamos de foto! Mozos/as.
17.00 h, CSC de Conxo, Retallos. Campaña de animación á lectura. Todos os públicos.

Compartir: