Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 13 de maio

A partir das 9.00 h
No Pavillón de Vite, Campionato de España de Hóckey a patíns feminino sub-16.

10.00 h
Na praza do Obradoiro, saída dos participantes no Día da Bicleta.

12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

14.00 h
En Roxos-Villestro, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ás festas patronais de San Miguel, xunto co concelleiro de Festas, Francisco Noya.

20.00 h
No Teatro Principal, concerto de The Bad Plus dentro do ciclo Jazz in Blue/1906 Jazz (EE.UU., jazz contemporáneo).

Curtocircuíto
17.00h. Na Fundación Autor, Curtas Cativas en Familia.

Ler, contar e gozar coas letras
17.00 a 18.30 h, CSC das Fontiñas, Obradoiro de liberación de libros (bookcrossing). Todos os públicos
18.00 h, CSC de Conxo, Cóntame un conto. Nenos/as.
19.00 h, CSC de Conxo, Estamos de contada. Todos os públicos.
17.00 h, CSC de Conxo,Retallos. Campaña de animación á lectura. Todos os públicos.

Compartir: