Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 27 de abril

10.00 h e 10.45 h
No Colexio Compañía de María, continúa o 2º Ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago "Os cantos no país do xeo", organizados pola Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música.

10.00 h e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico con José María Rey DJ: 'A Historia do rock: de Elvis a Vetusta Morla'.

11.30 h
Na Galería Sargadelos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto co director xerente de Kalandraka Editora, Xosé Ballesteros, inaugura a XII Campaña municipal de Animación á Lectura.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Reyes Leis, para presentar o roteiro "A monumentalidade do cotiá".

18.00 h
No Salón de Actos do CGAC, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á entrega de premios do III Certame "Deseña unha xoia para a túa nai", organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría.

19.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á proxección de 'Home' (Yann Arthus-Bertrand 2009) dentro do ciclo 'Cine Europeo en Ruta'.

19.30 h
No Casino de Santiago, monográfico de E. Satie a cargo do alumnado da especialidade instrumental de Piano da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela. Dentro do repertorio do compositor francés (1866 – 1925) interpretaranse distintas pezas para nenos como "Pecadiños inoportunos", "Rapazadas pintorescas" e as famosas "Gymnopedias"; tamén figuran no programa "Gnosiennes", música a 4 mans como "3 pezas en forma de pera" e os "Valses do preciosista delicado".

20.00 h
No CSC das Fontiñas, proxección de West Side Story, dentro do programa Cine classics’12. A continuación, "Café con Cine", charla sobre a película coa blogueira e experta en musicais, Patricia Álvarez Caldas.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, coloquio: sostenibilidade dentro do ciclo 'Cine Europeo en Ruta' con Ana Miranda, Francisco Millán, Antolín Sánchez Presedo e Sarah Lambert.

20.30 h
Na Igrexa da Universidade, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao concerto homenaxe ao Padre José López Calo.

20.30 h
Na Zona "C", Ars Artis presenta 'Será o meu propio paraíso' con Lucas Herrador e Olga Abad.

22.00 h
Na Sala Moon (República Argentina, 25), actuación de UXIO MAYO, dentro do festival 'MusiCompostela', actividade enmarcada no Plan de Acción Local na Prevención de Drogodependencias.

"Ler, contar e gozar coas letras"
18.00 h CSC de Conxo, Cóntame un conto. Nenos/as
19.00 h CSC de Conxo, Estamos de contada. Todos os públicos
18.00 h LSC Marrozos, Retallos. Campaña de animación á lectura. Todos os públicos

XVI Certame de Teatro Intercentros
10:30 h IES Xelmírez I, o Grupo de Teatro IES Eduardo Pondal interpreta "A discoteca"
12:00 h IES Rosalía de Castro, o grupo Aula de teatro do CPI Vedra interpreta "Rúa dos Soños".

Compartir: