Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 25 de abril

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, para presentar as actividades con motivo do Día das Letras Galegas.

13.00 h
No Hotel NH Obradoiro, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asisten á rolda de prensa de Air Berlin.

18.00 h
No Paraninfo da Facultade de Xeografía, a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, participa na mesa redonda que se celebra con motivo do Día da Xeografía.

18.30 h
No CSC das Fontiñas, obradoiro de pequenos cineastas, dentro do programa Cine classics’12, organizado pola concellería de Centros Socioculturais.

20.00 h
No CSC do Ensanche, obradoiro para adultos de guión cinematográfico con Ángel de la Cruz, gañador de 3 premios Goya, dentro do programa Cine classics’12, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais.

20.30 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), concerto de Filhartrompía Quartet dentro do ciclo 'Música de Cámara'.

21.00 h
No Teatro Principal, Luis Piedrahita presenta 'El castellano es un idioma loable lo hable quien lo hable' dentro do ciclo 'Falabaratos'

XVI Certame de Teatro Intercentros
10:30 h IES Xelmírez I, o grupo Tantometén do IES Antonio Fraguas interpreta "Presas".
12:00 h IES Rosalía de Castro, o grupo Rosalía 2 do IES Rosalía de Castro interpreta "De catro en catro".

Compartir: