Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 18 de abril

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o ciclo 'Música de Cámara'. Na rolda estarán tamén Alfredo Varela e Beatriz López do grupo Omega Brass Ensemble que actúa dentro do ciclo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás.

22.30 h
Na Zona "C" de Bonaval, concerto de Abraham Boba dentro do ciclo 'íntimo&Acústico'. O cantautor vigués presenta o seu disco 'Los días del desierto'

Compartir: