Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 8 de febreiro

11.30 h
No Salón Verde, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, o director xeral de Realia, Íñigo Aldaz, e o director xeral de Carrefour Property España, Justo Martín, asinan o convenio entre o Concello e a entidade promotora As Cancelas Século XXI SL para a execución de melloras de tráfico rodado nas inmediacións do centro comercial das Cancelas (GRÁFICOS). A continuación comparecerán en ROLDA DE PRENSA.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da sección sindical da CIG.

12.15 h
No Colexio Peleteiro, a concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, inaugura a exposición "Sinais de fume" sobre a prevención do consumo de cannabis.

19.15 h
No edificio anexo ao Colexio Santiago Apóstolo, os concelleiros de Participación Cidadá, Francisco Noya, e de Barrios, Juan de la Fuente, visitan o local que se destinará a centro sociocultural da Almáciga xunto con membros da asociación de veciños.

21.00 h
No Teatro Principal, 'A filla de Woody Allen' de Santiago Cortegoso con Marián Bañobre, dentro da programación de Teatro&Danza.

Compartir: