Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 29 de febreiro

11.00 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, preside a sinatura do convenio de colaboración entre o Consorcio e Clear Channel, empresa patrocinadora do 800 Aniversario da Catedral de Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Xuventude e Deportes, Adrián Varela, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

16.30 a 18.30 h
Na Almáciga, Xornada de portas abertas no Colexio Apóstolo Santiago.

19.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese coa asociación de veciños "Serafín Zas" da Rocha Vella, xunto co concelleiro Juan de la Fuente.

21.00 h
No Teatro Principal, Casahamlet presenta 'Se non queres casar, o mesmo dá' de Álvaro Cunqueiro. Manuel Lourenzo, director. Con A. Hermida, S. Fernández, M. Lourenzo, M. Clavijo.

Compartir: