Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 24 de febreiro

10.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, inaugura o VI Congreso Autonómico do CSI-F Galicia. Ás 14.30 h, asiste á clausura.

11.00 h
No CEIP Lamas de Abade, o concelleiro de Educación, Ángel Currás, inaugura o ciclo de concertos didácticos "Os contos no país do xeo", organizados pola Concellería de Educación a través da Escola Municipal de Música.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

18.00 h
Na Praza de Vigo, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, preside a ofrenda floral a Rosalía de Castro con motivo do aniversario do seu nacemento, hai 175 anos.

19.00 h
Fórum Cidade
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á conferencia sobre Dieta Atlántica impartida polos profesores Rafael Tojo e Rosaura Leis enmarcada no Fórum Cidade, organizado polo Concello.

20.30 h
Na Zona "C", 'Mujer muerta caminando', dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio.

21.00 h
Sons 2012
No Auditorio de Galicia, Leilía presentan o seu novo disco 'ConSentimento' dentro do ciclo Sons 2012.

21.00 h
No Teatro Principal, 'Sexo, por que non?' de Franca Rame, Darío e Jacopo Fo. eme2. Mercedes Castro. Álvaro Lavín, director.

Compartir: