Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 20 de febreiro

11.00 h
No Salón Verde, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; e o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte, asinan un convenio para a celebración do 4º Congreso Internacional de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios (PATORREB), que se celebrará en abril na capital galega.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar o programa "Imos de sendeirismo", que se realiza en colaboración co Club de sendeirismo Vía Láctea, e o programa de viaxes e excursións da rede de centros 2012.

20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, xuntos cos concelleiros Francisco Noya e Juan de la Fuente, reúnese coa asociación de veciños O Camiño das Fontiñas.

Antroido nos Centros Socioculturais
17.00 Lsc de Vidan, obradoiro Maquillaxe de entroido. Todos os públicos.

Compartir: