Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 2 de febreiro

8.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
PUNTO ÚNICO: Resolución de alegacións e aprobación definitiva da modificación da plantilla de persoal de 2011.

12.00 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, xunto coa concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, inaugura a exposición fotográfica contra a violencia de xénero "ASÍ É COMO VIVO", na que se amosan imaxes que reflicten a realidade dun fogar no que vive unha muller e os seus fillos que sofren violencia machista.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o ciclo 'Íntimo&Acústico'.

13.00 h
Na Casa do Concello, visita institucional do delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, ao alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa. (SÓ GRÁFICOS).

13.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o cartel do partido que terá lugar en Santiago entre a Selección española de fútbol feminino e a austríaca. Na rolda tamén estará o seleccionador español, Ignacio Querenda, o presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares, e a futbolista Verónica Boquete.

18.00 h
No salón de actos da Facultade de Filosofía (praza de Mazarelos), foro "O fútbol de alto rendemento na actualidade" no que participarán o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, o seleccionador da Selección española de fútbol feminino, Ignacio Querenda, a futbolista Verónica Boquete, o entrenador Fernando Vázquez, o xogador do Deportivo, Diego Seoane, e o ex-xogador do Compostela, Javier Bellido. Moderado polo xornalista deportivo Antonio Bermúdez.

19.00 h
No Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, o concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, inaugura a exposición fotográfica do 4º Certame MÚSICAXOVE’11. O acto contará coa presenza do autor das imaxes, o fotógrafo Per Rueda.

20.30 h
Na Zona "C" de Bonaval, Cámara Negra Teatro presenta 'Mujer muerta caminando' a partir de textos da novela 'O idiota' de Dostoievski. Carlos Álvarez-Ossorio, director.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto inaugural de Sons 2012 con The Gift que presentan en Galicia o seu novo disco 'Primavera' dentro da xira 'Primavera/Explode: Mil cores posibles'.

Compartir: