Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 19 de febreiro

10.00 h a 20.00 h
No Recinto Feiral de Amio, II Salón do Vehículo Clásico e de Época "Retroauto&moto", no que colabora a Concellería de Mercados, Comercio e Turismo.

12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns. Jorge A. García-Reynoso Sarabia, percusión.

ANTROIDO 2012

13.30 e 20.00 h. Animación de rúa a cargo da comparsa
OS CONFORMISTAS DE CONXO e a charanga Os Atrevidos

17.00 h. FESTIVAL INFANTIL DE DISFRACES
Sala Capitol. Entrada libre (participantes ata 14 anos)
(Inscricións para o concurso de 16.30 a 17.45 h.)
18.00 h. Animación, baile-discoteca, premios, concurso de disfraces,
sorteo de agasallos, entrega de bolsas-cotillón...

Xenerais da Ulla
O Eixo. Carballeira do Souto-Santa Lucía. 19.00h.

Compartir: