Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 27 de novembro

9.30 h
No Parlamento de Galicia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de investidura do presidente da Xunta.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, e do xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na praza Roxa, a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, visita a carpa de reciclaxe instalada na devandita praza xunto co secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Justo de Benito.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na avenida de Xoán XXIII, acto organizado polo Equipo de Dinamización Social do Urbana Santiago Norte co gallo do Día Contra a Violencia de Xénero. Nesta actividade de concienciación e sensibilización poderán participar todos e todas as cidadás que se acheguen á avenida Xoán XXIII colaborando na formación dun gran lazo violeta feito con máis de mil flores artesanais co que se simbolizará a implicación e a unión da cidadanía en contra desta realidade.
Haberá declaracións aos medios.

18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese coa asociación de veciños A Xuntanza.

19.30 h
No Museo das Peregrinacións, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á conferencia de Xerardo Estévez "Compostela de onte a hoxe".

20.00 h
No Hotel Araguaney, sesión informativa para os comerciantes e hosteleiros locais sobre o sistema de fidelización para comercio e hostelería "Feirón". Coa participación da Concellería de Comercio.

20.00 h
Na Zona C de Bonaval, inauguración da exposición 'Cento oitenta segundos' de Jesús de la Iglesia comisariada por Rocío Figueroa. Participan, ademais do artista e comisaria, o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e Pedro de Llano, en representación do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da USC.

Cineuropa
Teatro Principal
16.00 O gebo e a sombra / 101 Sección Oficial
18.15 4:44 Last day on earth Panorama Internacional
19.45 Sangue do meu sangue Sección Oficial e Retrospectiva Joao Canijo
coa presentación de seu director, Joao Canijo e debate posterior á proxección
23.45 Citadel Fantastique Compostela
Salón Teatro
16.00 Ganhar a vida Retrospectiva Joao Canijo
18.00 Noite Escura Retrospectiva Joao Canijo
19.45 The Hunt Sección Oficial
22.00 Barbara Sección Oficial
23.45 Paradise: Faith Sección Oficial

Compartir: