Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 24 de novembro

10.00 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, asiste á inauguración da Xornada de Portas Abertas organizada pola Asociación de Celiacos de Galicia. Clausura ás 18.30 h, a concelleira Amelia González.

11.00 h
No Paraninfo da USC, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de entrega do XXVI Grelo de Ouro.

12.00 h
Desde o Hostal dos Reis Católicos, saída do segundo dos paseos literarios previstos este outono polo Concello de Santiago e a Asociación de Escritores en Lingua Galega. A guía escollida para esta ocasión é Marilar Aleixandre, autora do texto base deste itinerario polo Casco Histórico que cruzará despois a Alameda e acabará no lavadoiro de Cornes. Asiste a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez.

13.15 h
No Cersia, o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Albino Vázquez, clausura o curso de seguridade vial organizado pola Asociación de Criminólogos de Galicia, Criga, coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela.

A partir das 16.00 h
No Palacio de Congresos, actos con motivo do Día Internacional dos Dereitos do Neno. Asiste a concelleira de Benestar Social, Paula Prado.
18.30 h – 19.30 h
Representación: "Antía, Wamba e o regato pequeno", da compañía A Tropa de Trapo, en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
Entrada gratuíta previa solicitude no Palacio de Congresos (500 entradas).
16.00 h – 19.30 h
Actividades:
Talleres para nenas e nenos de globoflexia, reciclaxe, elaboración de pulseiras e chapas, maquillaxe, artesanía, manualidades, contacontos...
Inchables
Xogo da "busca do tesouro"
Mesas informativas de asociacións e entidades de iniciativa social relacionadas cos dereitos das nenas e dos nenos.

A partir das 19.00 h
O concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya, asiste aos magostos populares que se celebran en Grixoa, Santa Cristina de Fecha, Figueiras e Villestro.

18.00 e 20.30 h
Na Zona C (Bonaval), Obradoiro de Debuxos Animados dentro das actividades paralelas de Cineuropa. (Ás 18h para público infantil e ás 20.30h para todos os públicos)

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Najwa Nimri, premiada desta XXVI edición de Cineuropa. Concerto enmarcado no ciclo Íntimo&Acústico.

Cineuropa
Salón Teatro
17.30 Love is all you need Sección Oficial
19.45 Robot & Frank Fantastique Compostela
21.30 Paradise: Love Sección Oficial
23.45 The Hunt Sección Oficial

Compartir: